Minas de San Finx - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo

Turismo

O Museo das Minas de San Finx ofrece unha visita guiada aos edificios que formaron parte do complexo e que se sitúan no antigo poboado mineiro. Nun privilexiado entorno natural declarado Lugar de Interese Xeolóxico, accédese aos talleres, á sala de compresores e ao cuartel vello. A través dos mesmos, os/as visitantes poderán descubrir a historia dun xacemento de volframio e casiterita desde a chegada de empresarios ingleses a finais do século XIX ata os anos 90 do XX pasando pola época de explotación da II Guerra Mundial.

HORARIO.

  • Luns e martes pechado.
  • Mércores, xoves e venres de 10 a 14 horas.
  • Sábados e domingos: de 10 a 14 h. e de 16 a 19 horas. 

Para grupos de menos de 10 persoas non é preciso reservar.

Información e reservas:  no 679 583 332 / 981 820 494 (concello) ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

DIRECCIÓN

Minas de San Finx - Parroquia de Santa Eulalia de Vilacova - 15212 Lousame - A Coruña

MUSEOS DA PROVINCIA DA CORUÑA (PDF)

Pode obter máis información sobre as Minas de San Finx na seguinte ligazón: A Historia das Minas de San Finx