P.A.I. - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Educación

Educación

O Concello de Lousame dispón dun Punto de Atención Á Infancia con 20 prazas para nenos de entre 3 meses a 3 anos.

     O Punto de Atención á Infancia está situado no local social da parroquia de Tállara, unha das máis grandes do concello, tanto por extensión como por poboación.
O local era unha antiga escola unitaria que se rehabilitou no 2005, acondicionándoa para o Punto de Atención á Infancia  cun total de superficie interior de 106 metros cadrados e 150 metros cadrados de superficie exterior. As dependencias que presentan dito local son: duas aulas de xogos, un aseo de adultos, dous aseos infantís, distribuidor, recepción-oficina, entrada, almacén, sala de preparación de alimentos, aseo, cambiador e unha aula de cunas.
O edificio consta de duas plantas, o P.A.I. está situado na planta baixa do edificio. Na planta alta hai duas salas que se usan para outras actividades de servicios sociais (talleres de memoria, manualidades..)

 

  • TIPOLOXÍA: Escolar.
  • TITULARIDADE: Municipal (LOUSAME)
  • NIVEIS EDUCATIVOS: Educación Infantil (ciclo 0-3)
  • NÚMERO DE UNIDADES: Consta de unha unidade (de 0 a 3 anos).
  • PROFESORADO: Consta de unha Coordinadora (Educadora) e unha Auxiliar (educadora).
  • HORARIO: Establecerase cada cuso en base ás demandas das familias dos menores matriculados. Todos os días agás os sábados, domingos e festivos. (Excepto un mes ao ano en época estival, para as vacacións do persoal e limpeza xeral do P.A.I.)

 

Nadal P.A.I.