Educacion para Adultos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Educación

Educación

O Concello de Lousame ven ofrecendo dende o ano 2005, o servicio de Educación de Adultos. Este ten como función ofrecer a oportunidade de obter o título de graduado en Educación Secundaria Obligatoria a todas aquelas persoas que así o requiran.

A matrícula realízase pola modalidade de \\\\\\\\\\\\\\"A distancia\\\\\\\\\\\\\\" no Instituto San Clemente de Santiago de Compostela e os cursos son cuadrimestrais, é dicir, nun curso académico normal fanse dous cursos de Educación de Adultos.

Os requisitos a cumplimentar para poder matricularse nesta modalidade son:

Ter cumpridos os 18 anos.

Xustificar os estudos previos, de cara a matricularse nun modulo ou noutro. Os módulos fanse coa seguinte equivalencia:

      • Módulo I: Equivale a 1º de ESO

      • Módulo II: Equivale a 2º de ESO

      • Módulo III: Equivale a 3º de ESO

      • Módulo IV: Equivale a 4º de ESO

Dúas fotocopias do DNI, unha delas cotexada (con compulsa).

Dúas fotografías tamaño carné.

Os prazos de matricula están abertos nos meses de Setembro-Outubro e Febreiro.

Para máis información no seguinte teléfono: 981825780 (Casa da Cultura de Lousame)