A II Xunta de Maiores do Concello de Lousame reuniu a máis de 220 participantes - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O Concello homenaxeou a Francisco Avelino García, Ramón Filgueira e María Teresa Collazo (Aluminios Filgueira) e José Luís Abeijón e Mercedes González (Restaurante O Trapeiro).

Máis de 220 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na II Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este sábado 14 de maio no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey Sastre.

Villaverde Pais celebrou a recuperación de “puntos de encontro para todos e todas”, sobre todo “despois duns anos que se nos fixeron longos e difíciles, nos que non nos puidemos reunir e perdemos moito o contacto”. Un punto no que coincidiu Jacobo José Rey, quen agradeceu o convite e desexoulles aos presentes “moita saúde e vémonos nun ano”.

Despois do xantar de confraternidade e de compartiren experiencias, tivo lugar un acto de homenaxe e entrega de placas conmemorativas como “recoñecemento á traxectoria e compromiso polo concello” de cinco persoas: Francisco Avelino García Nieto, presidente do Club de Xubilados de Lousame; Ramón Filgueira Pérez e María Teresa Collazo García, de Aluminios Filgueira (que foi recollido pola irmá de Teresa, falecida recentemente); e José Luís Abeijón e Mercedes González Lamas, do Restaurante O Trapeiro, que recolleron o premio canda as súas fillas.

A festa rematou coa actuación da Banda de Música de Lousame e o correspondente baile.

MaioresLousameTrapeiro

MaioresLousamePaco

MaioresLousameAluminios