Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:
ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.
VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos
ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.
LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:
- Primeira fase: inscrición de espectáculos
- Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
- Fin: 31de xaneiro de 2020, as 14:00 h.
- Segunda fase: solicitude de espectáculos
- Inicio: 10 de marzo de 2020, ás 00.00 h.
- Fin: 26 de marzo de 2020, as 14:00 h.
- Terceira fase: resolución
- A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 30 de abril de 2020
- Cuarta fase: xustificación
- Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
- Fin: 15 de febreiro de 2021