Proxecto "Enrédate" dirixido a mulleres con discapacidade - Concello de Lousame

Proxecto "Enrédate" dirixido a mulleres con discapacidade

O obxectivo principal deste proxecto no que o Concello de Lousame colabora coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR) é promover a igualdade de oportunidades na participación social e a autonomía persoal das mulleres con discapacidade, en especial das que viven en zonas pouco poboadas.

A proposta é formar un grupo de mulleres coas que realizar ao redor de 8 obradoiros grupais e intervencións individuais, a desenvolver como máximo ata o mes de agosto. As sesións grupais terían unha duración de 3 horas e os horarios serán flexibles en función da dispoñibilidade das participantes.

Os obradoiros están dirixidos ás mulleres con discapacidade, e traballarase de xeito grupal e tamén individual. Os contidos a tratar serán: autoestima, autoconcepto, intelixencia emocional, habilidades sociais, discapacidade, violencia cara ás mulleres, empoderamento....

Para máis información poden contactar cos Servizos Sociais no 981820494, ou coa asociación a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 674 073 092.