Participa en Explorer “Jóvenes con ideas” (Evolución Juzz) - Concello de Lousame

Universidade da Coruña: 80 prazas e dous espazos nos campus da Coruña e Ferrol


Qué é Explorer? Un programa que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo.

Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinada polo Centro Internacional Santander de Emprendemento (CISE), representa a evolución de Santander Yuzz.

Dirixido a xóvenes de entre 18 e 31 anos. Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso ao Explorer Space UDC, un centro de coworking de alto rendemento onde desenvolverán a súas ideas de forma colaborativa durante 5 meses, asesoramento personalizado e formación dunha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.

Os tres mellores proxectos do programa recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.

Os dous proxectos mellor valorados do Explorer Space UDC, un por cada campus, viaxará a Silicom Valley.

Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award-impulsado por INDRA, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio máis innovador.

Inscrición en http://yuzz.org.es/formulario-inscripcion/ ata o 8 de decembro de 2017.

Arquivos adxuntos:
Download this file (AF_explorer_triptico_41x15cm.pdf)Tríptico informativo
Download this file (bases-explorer.pdf)Bases