2 de novembro de 2017.- O Concello de Lousame celebrará mañá venres 3 de decembro, ás 9:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria para a aprobación do Plan Complementario da Deputación da Coruña así como a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles. Un procedemento que se iniciou no propio pleno municipal en maio deste mesmo ano e que ten como obxecto reducir o tipo de gravame para os inmobles de natureza rústica e urbana, de xeito que podan aplicarse en Lousame dende xaneiro de 2018.
A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:
-
Toma de posesión de Xosé Tobío Rodríguez como concelleiro polo Partido da Terra.
-
Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
-
Aprobación do Plan Complementario da Deputación da Coruña.
CONVOCATORIA PRENSA
DATA: Venres 3 de novembro.
HORA: 9:00 horas.
LUGAR: Salón de plenos.