Servizos Sociais Comunitarios Básicos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Servizos Sociais

Servizos Sociais

OS SERVIZOS SOCIAIS comunitarios son un Sistema Público integrado de protección social dirixidos a toda a poboación, a través do que se facilita información sobre os recursos e prestacións sociais existentes. Coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña

 

1.-PROGRAMA DE ORIENTÁCIÓN, ASESORAMENTO E INFORMACIÓN.

Ten por obxecto informar @s cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, os servizos sociais de atención especializada.

Persoas maiores: pensións non contributivas, axudas non periódicas, prazas de residencias, prestacións para a atención de persoas con dependencia severa, acollemento familiar, cheque asistencia para axuda no fogar ou residencias, balneario, vacacións do IMSERSO, solicitude do servizo de axuda no fogar municipal, solicitudes para a teleasistencia domiciliaría, solicitude de axudas para respiro familiar, apoio social a persoas con demencias severas, vacacións de saúde, Nadal entre amigos, etc...

Persoas con discapacidade: recoñecemento do grado de minusvalía, pensións non-contributivas, axudas non periódicas, solicitude de centros ou residencias para persoas con discapacidade, solicitude do servizo de axuda no fogar municipal, información para a inserción laboral, programas de ocio e tempo libre (campamentos de verán,...

Familia, infancia e mocidade: axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor, incentivos as familias para a conciliación da vida laboral e familiar, acollemento familiar de menores en situación de desprotección, titulo de familia numerosa, axuda no fogar municipal, educación familiar, etc...

Muller: Programas de formación ocupacional; orientación laboral; información e derivación sobre recursos en situacións de violencia doméstica, separación, cargas familiares non compartidas: casas de acollida, vivendas tuteladas, centros de asesoramento e información á rnuller, programas de vacacións para mulleres soas, estadías de tempo libre, residencias de adolescentes embarazadas, residencias para adolescentes con problemas socioambientais, teléfono da muller,.....

Marxinación e exclusión social: información sobreprestacións económicas (salario social axudas de emerxencia social), axudas de interese social ou humanitario da Consellería de Presidencia, axudas a concellos para infravivenda, derivación a servizos sociais especializados (unidade de tratamento a alcohólicos e/ou drogodependentes)...

 

2.-PROGRAMA DE APOIO AS FAMILIAS:

2.1.- Servizo de Axuda no Fogar (SAF):

É un servizo comunitario que está dirixido a toda a poboación, pero ten como prioridade aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicoloxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico; e proporcionando!les a posibilidade de continuar no seu entorno natura!, mentres esto sexa posible e convinte.

 

Destinatarios.

Familias ou persoas con disfuncións suceptibles de mellora cunha adecuada atención a domicilio.

Persoas maiores, con certo grao de independencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.

Persoas con minusvalidez ou incapacitadas, as que a axuda no fogar lles poida favorece-la súa autonomía.

Persoas afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos que lles fagan precisar de axuda.

Familias con menores aos que haxa que coidar ou atender por ausencias dos país ou titores, ou cando estes, por circunstancias provisionais xustificadas, non poidan exercer as súas funcións, nos casos en que a axuda no fogar sexa a solución.

Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.

En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avalada técnicamente, que xustifique a intervención do servicio.

 

Persoas que interveñen no SAF:

Traballador/a social: Intervirá nun primeiro nivel, sendo @ profesional que recibe a demanda, realiza o estudio e valoración da situación presentada, descría o proxecto de intervención adecuado á mesma e quen ten a responsabilidade do seguimento e avaliación do mesmo.

Auxiliares de Axuda no Fogar: son as profesionais que se encargan da execución do proxecto de intervención realizando tarefas de carácter asistencia! e educativo nos domicilios das persoas, en contacto directo ao usuario, a súa familiae o entorno.

Outros profesionais coordinados co/a traballador/a social, tales corno educador/a familiar ou psicólogo/a e profesionais doutros servicios que colaboren co servicio de axuda no fogar.

Persoas Voluntarias, son aquelas persoas que actúan de forma solidaria, sen expectativas de remuneración económica e dentro do programa de intervención correspondente, completando de forma coordinada as funcións e tarefas do persoal anteriormente relacionado. Dado o seu carácter de relación interpersoal de diversidade, de flexibilidade de horarios e disponibilidade do tempos libre, as tarefas que poderán desempeñar serán de compañía, fomento de relacións, comunicación e ocupación do tempo libre, tanto dentro como fóra do fogar, e outras con contribúan o fomento da autoestima. Con tal fin deberán ser formados convincentemente.

É necesario establecer, no proxecto de intervención, liñas de coordinación entre tódalas persoas que interveñen no SAF tanto para a execución como para a avaliación do mesrno. Tamén é necesaria unha coordinación estreita con outros profesionais e/ou servicios da comunidade que interveñen de forma indirecta no SAF (eos servizos sanitarios, servizos culturais, de ocio, etc.)

 

Documentación:

Modelo de solicitude.

Fotocopia do D.N.I.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Informe médico sobre a situación de dependencia (se procede).•Certificado de empadroamento e convivencia.

Xustificantes acreditativos de ingresos (nóminas, certificados de pensións, certificados de prestacións do INEM, certificación de intereses cobrados por capitais mobiliarios) de tódolos membros da unidade familiar que vivan coa persoa solicitante.

Declaración da renda, ou certificado negativo de Facenda.

Certificación de contribución urbana e rústica, expedida polos servicios económicos municipais sobre a situación contributiva dos solicitantes.

Calquera outra documentación que se considere necesaria para a resolución da solicitude.

 

     Cada solicitude será estudiada e valorada nolo/a traballador/a social do servicio social de atención primaria, que emitirá o correspondente Informe Social, con proposta de resolución ó órgano municipal competente.

     Proceso detramitación: Cando @ traballador/a social recibe a demanda ou detecta a necesidade de atención por parte do usuario, séguese o seguinte proceso para a outorgación do servicio.

         Presentación da solicitude xunto coa documentación que proceda

         Valoración técnica da necesidade (Informe Social)

         Resolución por parte do órgano competente

         Comunicación ó interesado da resolución adoptada, especificando a intervención que proceda.

         Formalización por escrito, entre as partes, das condicións da prestación do servicio,

Este procedemento poderá abreviarse cando unha situación reciba a consideración de urxente. sendo esta a que requira unha resposta inmediata unha circunstancia excepcional, tendo so mentras se manteña a situación desencadenante.

Financiamento: O Servizo de Axuda no Fogar financiase coas aportacións da Xunta de Galicia , da Deputación Provincial, do Concello e das persoas beneficiarias do servizo. En función das posibilidades económicas aspersoas beneficiarías poden estar exentas de pago, aportar unha porcentaxe do servizo ou o pagamento total, segundo os baremos establecidos na normativa municipal.

-Documentación a aportar

-Impreso solicitude Servizo axuda no fogar

-Ordenanza reguladora 16-06-2014

-Prezo público 16-06-2014

 

     2.2.- A Teleasistencía domiciliaría:

A Deputación Provincial da Coruña presta o servizo de teleasistencia domiciliaria ás persoas non dependentes, residentes nos municipios de menos de 75.000 habitantes que, por razón de idade, enfermidade, diversidade funcional, illamento xeográfico ou desarraigamento social precisen da asignación deste servizo para mellorar a súa calidade de vida, posibilitando, con iso, a súa permanencia na contorna habitual.

O Programa de Teleasistencia Domiciliaria (TAD) garante a prestación do servizo de forma correcta, mediante a xestión coordinada pola Deputación cos concellos da provincia para manter a calidade do servizo que se lles vén prestando ás persoas usuarias.

A Teleasistencia Domiciliaria consiste nun servizo gratuíto que a través da liña telefónica, cun equipamento de telecomunicacións e informática específico e co apoio dos medios persoais necesarios, permite dar resposta inmediata ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento e potenciar a autonomía da persoa atendida e a da súa familia ou unidade de convivencia.

O equipamento permite que ante situacións de emerxencia e con só pulsar un botón, que levan encima constantemente, as persoas usuarias poidan entrar en contacto verbal “mans libres” as 24 horas do día os 365 días do ano cunha central atendida por persoal especificamente preparado para dar resposta adecuada ás crises presentadas.

O servizo de teleasistencia comprende polo tanto, non só unha instalación que permite detectar avisos e alarmas, senón tamén un modelo de acompañamento personalizado de chamadas periódicas á persoa usuaria.

Á prestación do servizo de teleasistencia básica, poderanse incorporar cando se estime necesario, todas aquelas tecnoloxías útiles e dispoñibles para a detección de situacións de risco e para a protección persoal e doméstica, tales como detectores de fume, lume, fuga de gas e sensores de movemento entre outros.

O servizo de teleasistencia contén as seguintes accións:

  • · Garantir a comunicación interpersoal, bidireccional, ante calquera necesidade as 24 horas do día, os 365 días do ano.
  • · Proporcionar atención inmediata e adecuada ante situacións de emerxencia a través de persoal especializado.
  • · Proporcionar atención presencial a persoa usuaria cando esta sexa necesaria.
  • · Mobilizar recursos ante situacións de emerxencia sanitaria, domiciliaria ou social.
  • · Previr, detectando precozmente as situacións de risco que poidan darse.
  • · Proporcionar seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias e aos seus familiares garantindo a atención en caso de emerxencia.
  • · Facer un seguimento permanente da persoa usuaria desde un Centro de Atención, mediante chamadas telefónicas periódicas (de familiarización, de cortesía e felicitación, de seguimento quincenal, de recordatorio, de fin de ausencia) coa finalidade de estar presentes na súa vida cotiá, potenciar hábitos de vida saudable e actualizar os datos do expediente socio sanitario da persoa usuaria.
  • · Xestionar axendas específicas subscritas entre a empresa/entidade prestadora do servizo e a persoa usuaria a pedimento desta, da súa familia ou persoas achegadas, que permitan lembrarlles tomas de medicación, actividades ou citas.

Medios do servizo TAD provincial

O servizo consta dos seguintes elementos:

Unidade domiciliaria da persoa usuaria, que funciona a través da liña telefónica, composta por unha unidade de alarma portátil (pulseira ou medallón) e unha terminal telefónica que envía a alarma ao Centro de Atención.

A unidade portátil, que a persoa leva sempre posta, pode ser accionada por esta, cando o necesita, con premela.

A terminal é o dispositivo que se instala no domicilio da persoa usuaria conectado á rede eléctrica e á liña telefónica.

Permite a transmisión de comunicacións e avisos con marcación automática e función de voz incorporada, así como establecercontacto coa central de atención con só pulsar un botón.

O custo da chamada para a persoa usuaria non debe superar o prezo dunha chamada telefónica local.

O servizo poderá incorporar a oferta doutros dispositivos e doutros elementos de protección persoal ou domésticos, que complementen os elementos principais do servizo, dirixidos a toda a poboación a persoas con necesidades específicas

 Perfil das persoas usuarias do servizo.

  • · Persoas que vivan soas, maiores de 65 anos ou que padecen una enfermidade ou diversidade funcional que lles impida desenvolverse na casa con autonomía.
  • · Persoas que conviven con outra, e unha das dúas ten máis de 65 años e/ou padece unha enfermidade ou diversidade funcional que lle limita a súa autonomía persoal e doméstica.
  • · Calquera persoa en situación de risco (persoas enfermas, anciáns ou con diversidade funcional) que viven soas oupermanezan nesta circunstancia a maior parte do día.

Tipos de persoas usuarias.

  • · Persoa usuaria titular do servizo: dispón da asignación ao seu favor da terminal de usuaria e da unidade de control remoto.
  • · Persoa usuaria con unidade de control remoto adicional (UCU): convive coa persoa titular do servizo, reunindo os requisitos para ser usuaria deste. Disporá dunha unidade de control remoto adicional para o seu uso exclusivo.
  • · Persoa usuaria sen unidade de control remoto (USU): é a que convivindo coa persoa titular do servizo e necesitando as prestacións e atencións que este proporciona, carece de capacidade física, psíquica ou sensorial para poder solicitar por si mesma esta atención.

Presentación de solicitudes.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos servizos sociais do concello onde se atopan empadroados, para que o/a traballador/a social inicie a tramitación do expediente de solicitude de alta no servizo, que se realizará exclusivamente dende a plataforma de presentación electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

Normativa: Modificación do Regulamento de funcionamento do Programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña. BOP nº 238 de 19 de decembro de 2022.

 

2.3.- Programa de Educación Familiar:

É un programa de axuda as familias en situación de risco, que ten como obxectivo principal a orientación e asesoramento das familias para atopar unha solución as súas necesidades, así como establecer pautas básicas de organización familiar, fomentando hábitos de comunicación entre pais, nais e fillos/as, que loles permita adquirir pautas de conducta que melloren a súa calidade de vida e relacións familiares, poñendo especial atención na mellora da atención prestada os menores que formen parte do núcleo familiar. As áreas de intervención son:

      Educación para a sáude.

      Organización e economía familiar.

      Formación país-fillos.

      Axuste ó medio escolar

 

3.-PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL:

Ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

     Accións: Tanto o nivel preventivo como a intervención directa en supostos concretos, desenvolveranse mediante as seguintes actividades:

     Accións de promoción e participación social.

     Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.

     Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos específicos que se establezan.

     Xestionar as prestacións económicas e sociais establecidas, realizando o seguimento ca avaliación na súa aplicación.

     Usuarios: Individuos, grupos, organizacións e a comunidade en xeral.

 

4.PROGRAMA DE FOMENTO DA COOPERACIÓN:

Ten por obxecto facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a soidade, o asociacionismo e o voluntariado.

     Actuacións:

      Apoio ó desenvolvemento integral comunitario

      Elaboración e divulgación de campañas de sensibilización e mentalización social

      Fomento do asociacionismo e a participación prestando o oportuno apoio e asesoramento técnico.

      Promoción dos grupos de autoaxuda.

      Fomento da solidaridade social.

      Potenciación das organización de voluntariado social.

     Usuari@s: persoas, grupos, organizacións e a comunidade en xeral.

     O Concello de Lousame está a desenvolver os seguintes programas:

     Programa de voluntariado social.

Colaboración co Fondo Galego de Cooperación Solidariedade. O fondo e unha asociación, sen ánimo de lucro, de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Diputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade e os países menos desenvolvidos e impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ó conxunto da nosa cidadania. Actualmente son socios do Fondo Galego 64 Concellos e a Diputación de A Coruña, Ourense e Pontevedra.

 

PROGRAMAS ESPECIALIZADOS:

Persoas Maiores.

O programa de actividades para persoas maiores establécese coa intención de promover a calidade de vida das persoas maiores no Concello de Lousame, fomentando as actividades sociais, cultarais e recreativas para este sector de poboación, coa finalidade de promocionar un espacio de ocio e tempo libre, adaptado as necesidades e demandas das persoas maiores, que os leve a disfrutar de forma eficaz do seu tempo libre.

Obxectivos:

  Posibilitar a realización de diversas actividades socioculturais asustadas os gustos e intereses das persoa maiores do concello.

  Sensibilizar sobre o uso adecuado do tempo libre.

  Asesorar sobre as súas demandas, necesidades e posibilidades para o seu tempo de ocio.

  Crear un clima de maior mobilidade e acción social, fomentando a participación activa das persoas maiores na sociedade.

  As actividades que se realizan son: taller de memoria, programa de envellecemento saudable, excursións e visitas culturais, talleres de manualidades, programas de ximnasia para maiores....

 

Persoas con Discapacidade:

A través deste Programa preténdese acadar unha mellora nas condicións e calidade de vida, sobre todo a nivel individual, de persoas con minusvalía do Concello- potenciando a integración social e laboral das persoas con discapacidade.

Obxectivos:

Favorece-la integración e interrelación social das persoas con discapacidade do Concello.

Garanti-la información sobre dereitos e prestación que puideran corresponderlles a cada caso concreto, baseándose na individualidade de cada situación.

Acadar que participen nos servizos de tratamento e centros ocupacionais existentes na Comarca.

Incidir na concienciación social e mobilización de recursos de cara a superación de obstáculos e a creación de alternativas posibles. Para acadar estes obxectivos, as actividades que se realizan son:

1  Información, asesoramento, xestión e orientación individual.

2 Promoción e orientación laboral, mediante a colaboración coa Asociación de minusválidos COGAMI, facilitando a realización de charlas informativas de interese para persoas con discapacidade, e facilitando información, orientación e derivación para entrevistas laborais.

3 Tratamento e recuperación ocupacional, mediante a colaboración económica a entidades corno: A CREBA (Centro de Día de Rehabilitación Psicosocial e laboral da Asociación pro Saúde Mental); o STAND (Servizo de Tratamento a Nenos/as, de 0 a 16 anos con discapacidade)

Muller:

No traballo diario que se leva a cabo nos servizos sociais do Concello, recóllese un elevado número de persoas usuarias son mulleres, quemoitas veces son so portavoces ou demandantes ante problemáticas familiares existentes, independentemente de que elas sexan ou non obxecto da atención dos servizos sociais.

Ne embargantes esta realidade non se plasma nas actuacións e programas que se realizan desde as diferentes concellerías: programas culturais e informativos para toda a poboación, programas de ocio e deporte para a xuventude e persoas maiores; recursos para as distintas asociacións veciñais, etc. Apreciando un vacío na promoción social das mulleres a través de actuacións concretas.

Ante os cambios que na sociedade se están a dar de cara á situación actual da muller, promovendo a súa incorporación na vida política, económica, cultural, social e laboral; fomentando as accións para acadar a igualdade real e efectiva e a non discriminación entre homes e mulleres; prántexase a necesidade de levar a cabo algunha acción para a promoción das mulleres en Lousame, polo que prántexase a posibilidade de elaborar un plan de igualdade municipal.

Os obxectivos deste programa son:

        Crear un conxunto de medidas de igualdade interrelacionadas coas que se pretende combati-la desigualdade entre homes e mulleres nos ámbitos económico, social e político.

        Promove-la reflexión e o cambio de actitudes na busca da igualdade entre homes e mulleres

Actualmente estase levando á cabo as primeiras actuacións de cara á elaboración do Plan de Igualdade, así comezase co análise da situación da mulleres de Lousame mediante un estudio-investigación, para seguir coas seguintes actuacións:

                            A elaboración dun documento base de situación

                            Deseño do I Plan Municipal de igualdade de Lousame.

                            Posta en marcha do I Plan Municipal de Igualdade.

 

NORMATIVA MUNICIPAL DE, SERVIZOS SOCIAIS.

Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar: BOP n° 107, 7 de Xuño de 2011. Páx. 66

Texto definitivo Ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Lousame: BOP n° 223, 23 de Novembro de 2010. Páx. 64

Deputación da CoruñaSERVIZOS SOCIAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA Consellería de política social e igualdade