Biblioteca Municipal - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Cultura
Instalacións

Instalacións

A Biblioteca Pública Municipal de Lousame atopase na primeira planta da Casa da Cultura.

Enderezo: Casa da Cultura de Lousame. Portobravo s/n. 15214 Lousame.

Teléfono: 981 825 780

Correo Electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Horario de Inverno:

  • Mañáns:09.00-14.00 horas.
  • Tardes: 18.00-20.00 horas. 

Horario de Verán:

  • Mañáns: 08:30-14.00 horas

Postos de lectura: 12 para adultos e 5 para nenos.

Servicios:

  • Actividades Culturais.
  • Información Bibliográfica.
  • Sección Infantil e Xuvenil.
  • Sección Local.
  • Préstamo a domicilio.
  • Lectura en sá.
  • Lector de Cd-rom.
  • Conexión a Internet, a través do programa "Internet nas bibliotecas". Dito programa está dirixido ás bibliotecas públicas, a través das Comunidades Autónomas e ten por obxectivo levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxías ás bibliotecas públicas.

Os ordenadores xestionados:

  • PC (APD ALDA 865gv): son pcs instalados na Biblioteca Municipal desde os cales se poden realizar tarefas ofimáticas e acceso a Internet
  • Ordenadores de invitado: é un portátil propiedade do usuario que pode levar á biblioteca para conectarse á Internet a través da rede inalámbrica. Calquera usuario pode utilizar o se u propio ordenador portátil. Basta con que o ordenador teña a súa propia conexión WIFI e o usuario o manteña no radio de cobertura do Punto de Acceso da Biblioteca. O usuario deberá seleccionar a rede inalámbrica de nome "biblio_galicia_int", e conectarase directamente á Rede de Área Local da Biblioteca. Ademais, para poder navegar deberá estar rexistrado como usuario do sistema Internet nas Bibliotecas, o cal pode facer na propia Biblioteca de Lousame.
  • Impresora de inxección de tinta
  • Escáner

Ligazóns de interese:

Fondos:

  • Libros.
  • Materiais específicos: DVD, Cd-Rom e Vídeo.