Que é o PAI
O Punto de Atención á Infancia (PAI) é un servizo socioeducativo municipal dirixido á atención, coidado e educación de nenos e nenas de 0 a 3 anos. Trátase dun espazo seguro e adaptado ás necesidades da primeira infancia no que se promove o desenvolvemento afectivo, social e cognitivo dos menores, ao tempo que se facilita a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias do concello.
Características do servizo
- Titularidade: Municipal (Concello de Lousame)
- Niveis educativos: Educación Infantil (ciclo 0-3 anos)
- Número de unidades: Conta cunha unidade para nenos e nenas de 0 a 3 anos
- Profesorado: Conta con dúas educadoras
Obxectivos do servizo
- Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas na primeira infancia.
- Ofrecer un espazo de socialización e aprendizaxe adaptado á súa idade.
- Apoiar ás familias na conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
- Proporcionar un servizo educativo e asistencial de calidade no ámbito municipal.
Idade das crianzas
O servizo está destinado a nenos e nenas dende os 3 meses ata os 3 anos.
Horario
O Punto de Atención á Infancia presta servizo de luns a venres en horario de 8:30 a 16:30 horas.
O horario concreto establecerase cada curso en función das necesidades das familias dos menores matriculados.
Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado co fin de realizar tarefas de limpeza, hixiene e desinfección integral das instalacións, así como labores de mantemento e revisión dos espazos e equipamentos, garantindo que estes traballos se realicen en condicións adecuadas e sen interferir no normal desenvolvemento da actividade educativa.
Prazo e procedemento de solicitude de praza para novo ingreso
A solicitude de praza realizarase mediante instancia presentada no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal, dentro dos prazos establecidos.
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso vai do 15 de marzo ao 15 de abril, ambos incluídos.
Información e contacto
Para máis información sobre o servizo, dispoñibilidade de prazas ou procedemento de inscrición, as persoas interesadas poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello.
- ☎ Información no Concello : 981 82 04 94.


