Benvidas e benvidos á páxina web do Concello de Lousame.
Esta páxina é unha porta aberta para coñecer o noso municipio, a súa historia, o seu patrimonio, as súas paisaxes e, sobre todo, as persoas que lle dan vida. Porque Lousame é moito máis ca un territorio: é unha forma de entender a vida, unha maneira de relacionarnos e un sentimento de pertenza que compartimos con orgullo.
Os que temos a sorte de nacer aquí sabemos o valor da nosa terra. O valor das nosas parroquias e aldeas, das nosas tradicións, da nosa cultura e dese espírito de colaboración que sempre caracterizou ás nosas veciñas e veciños. Ese orgullo de ser de Lousame é unha das nosas maiores fortalezas.
Como Alcalde, afronto esta responsabilidade coa ilusión e o compromiso de traballar por un Concello cada día máis próximo, mantendo o contacto permanente coa veciñanza e defendendo os intereses de todas as persoas que forman parte desta gran comunidade que é Lousame.
Queremos que esta web sexa unha ferramenta útil para achegar información e servizos, pero tamén unha oportunidade para mostrar ao mundo un municipio do que nos sentimos profundamente orgullosos: un lugar para vivir, para medrar e para seguir construíndo futuro.
Grazas por visitar esta páxina. Agardo que nela atopedes toda a información que precisades e que vos anime a descubrir, ou a redescubrir, todo o que Lousame ten que ofrecer.
Un cordial saúdo.
Esteban Ares García
Alcalde de Lousame