Estabades agardando pola auténtica festa e por fin chegou! Chega… PEQUE DISCO MOC MOC!!!
Convertiremos nunha auténtica disco móbil infantil todo espazo ó que levemos este espectáculo.
Coreos guiadas, xogos musicais, circo, malabares con lume ou luz e sobre todo moito humor mesturado con equipo de iluminación disco, máquina de fume e pompas de xabón farán que tódolos asistentes salten, xoguen, bailen, rían e gocen dende as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.
FICHA TÉCNICA PEQUE DISCO MOC MOC
Estilo: Animación musical, clown e circo
Duración: 50 minutos aproximadamente
Tipo de público: infantil e familiar