Nesta actividade falamos da historia do cómic e da súa influencia no mundo contemporáneo.
Dun xeito moi visual comezamos cunha introdución ao cómic dende as súas orixes. Contrapoñemos o cómic americano ou europeo co xaponés e analizamos a súa influencia na arte e en manifestacións populares.
Rematamos a actividade cun obradoiro de iniciación a banda deseñada, que é o prato forte da mesma.
Onde: Casa da Cultura
Día: 12 de agosto
Hora: 11:00h.
Público: nenos e nenas de 6 a 16 anos
Duración aproximada da actividade: 60 minutos
Reserva a túa praza en https://bandoticket.com/events/obradoiro-o-mundo-do-comic.