ACTIVIDADE APRAZADA NOVA DATA - Concello de Lousame
📅Xoves 29 de outubro
🕥 11:00 h
📍 Casa da Cultura de Lousame · Portobravo
🤍 Prazas limitadas. Reserva a túa!
 
5 ERROS QUE TE ESTÁN INFLAMANDO- 
E se comezases a comprender o que está a pasar dentro do teu corpo?
A inflamación, o metabolismo, a microbiota intestinal, o sistema nervioso e a masa muscular están relacionados. Coñecer estas conexións pode axudarnos a tomar decisións máis conscientes sobre a nosa saúde.
✨ No obradoiro de MVP Atelier descubrirás cinco aspectos clave:
1️⃣ Resistencia á insulina.
2️⃣ Neuroinflamación.
3️⃣ Disbiose intestinal.
4️⃣ Resistencia anabólica e perda muscular.
5️⃣ Desregulación metabólica e hormonal.

Inscríbete:
Casa da Cultura; 981825780

Organizan e colaboran:
MVP Atelier × Concello de Lousame
 
🌱 Coñecemento hoxe. Saúde mañá.