O Concello de Lousame abrirá do 1 ao 7 de xuño o prazo de inscrición para MENORES EMPADROADOS/AS para participar no programa Lousame Concilia Verán 2026, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. De non cubrirse as prazas abrirase un segundo prazo para menores non empadroados.
É un programa dirixido a nenos e nenas de 3 e 16 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
Para anotarse terán que presentar o impreso de solicitude, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal (www.concellodelousame.gal), e achegar a documentación correspondente. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame, no 981 820 494 ou no 689 126 385.
Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.