Igrexa parroquial de San Xoan de Lousame - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa

Arquitectura Relixiosa

O estilo ó que pertence é o Neoclásico, e o emprazamento actual non corresponde ó orixinal, xa que foi trasladada a principios do S. XX da parte baixa do val no que se atopa.

É pequena, con planta dunha soa nave con cabeceira rematada nunha capela cadrada. Está cuberta con bóveda de canón á que se accede a través dun arco de medio punto, ó igual que a capela maior. Esta é lixeiramente máis estreita que a nave principal e está dotada dunha cuberta de madeira formando tres vertentes no interior e a dúas augas no exterior. Entre a capela maior e a lateral sitúase a sancristía.

No exterior, destaca a fachada principal, cunha porta neoclásica decorada con pilastras laterais rematadas en pináculos, arco plano e tímpano con arquivoltas. Enriba hai un oco de proporcións rectangulares e un escudo a cada lado. A cornixa, con pináculos nos extremos, remata superiormente nunha espadana de formas agraciadas, con dúas arcadas, molduras nas pilastras, friso e decoracións de aplacados.

As campás datan de 1806, sendo refundida unha delas no ano 1957. A última restauración tivo lugar no ano 1949.

 

Capela de San Cristobo de Ces (Lousame)