Igrexa parroquial de San Xoan de Camboño - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa

Arquitectura Relixiosa

É unha igrexa de planta rectangular con porta principal adintelada. Sobre esta temos unha fornacina con columnas e arquivoltas que alberga a San Xoan Bautista. Na parte superior hai unha fiestra rectangular, sobre o cal temos o campanario continuando o eixe do centro da fachada. A cuberta exterior é de tella do país a dúas augas, e no pinche a ámbolos dous lados temos uns pináculos rematados nunha bola. Nos muros atópanse moi poucos ocos e moi pequenos. O campanario é cadrado e está aberto polos catro lados. Componse de dúas campás e unha cruz de ferro sobre a pequena cúpula de pedra que serve de cuberta.

Nesta parroquia tamén se sitúa a Capela de Santa María da Gorgosa, na que se celebra unha gran romería no mes de maio.

 

Capela de San Mariña da Gorgosa (Camboño)