Lousame da o pistolezado de saída á campaña contra a vespa velutina - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Servizos Sociais
Novas
Novas Servizos Sociais

Novas Servizos Sociais

O equipo do Executivo local difundirá entre a veciñanza as técnicas para construír as trampas e organizará sesións de sensibilización no CEIP Cernadas de Castro

Lousame, 17 de marzo de 2021.- O Concello de Lousame comeza a campaña contra as vespas velutinas a través da difusión e da sensibilización sobre a importancia de construír trampas para capturar as raíñas desta especie. Así, a través de carteis e información nas redes sociais, a campaña difundirá como elaborar trampas caseiras e cal é o material necesario.

Asemade, o xoves 25 de marzo impartirase unha sesión formativa no CEIP Cernadas de Castro para explicar aos nenos e nenas de Lousame cal é o ciclo biolóxico da velutina, como se deseña unha trampa caseira, así como a evolución da invasión da vespa velutina en territorio galego, e as súas características distintivas con respecto ás vespas autóctonas.

A campaña comeza nun mes clave, posto que entre marzo e maio é preciso capturar ás raíñas para evitar que cando as vespas saían do seu letargo comecen a construír niños, nos que pode haber ata 2.000 vespas obreiras e ata 15.000 larvas. Por tanto, este é o período no que as trampas son efectivas á hora de controlar esta praga.