A UTÓPICA RODANTE - Concello de Lousame

“De Vilatriste a Vilalegre”

Unha creación de Teatro O Cubo

en coprodución co Centro Dramático Galego

Texto de Roi Vidal Ponte

Deseño e plástica de Beatriz de Vega

Interpretado por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño

Co- Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño

TEATRO DIRIXIDO AO PÚBLICO FAMILIAR

INSCRICIÓNS: www.bandoticket.com


SINOPSE:

Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas. Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.