HOMENAXE A PRUDENCIO ROMO - Concello de Lousame

O vindeiro mércores 26 de agosto ás 11.00 h.  Concello de Lousame presentará a XVIII Edición da Homenaxe a D. Prudencio Romo, o primeiro director da Banda de Música de Lousame. Este ano a programación constará de tres concertos que se celebrarán nos seguintes días:

 
4 DE SETEMBRO: SUL PONTICELLAS QUARTET E BANDA DE MÚSICA DE LOUSAME
11 DE SETEMBRO: GRUPO A MISELA DE NOIA-MÚSICA POPULAR IBEROAMERICANA
18 DE SETEMBRO: BANDA DE MÚSICA DE LOUSAME
 
Todos eles no Auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave de Lousame ás 21.00 h. As persoas interesadas poden retirar as entradas de convite en www.bandoticket.com a partir do mércores 26 ás 12.00 horas, ou ben chamar ao 981 82 57 80 para solicitar a reserva.