O obradoiro emprega o muro ou parede como soporte e preséntase como unha experiencia inmersiva. As persoas participantes, terán a oportunidade de participar no deseño con temática ambiental e na execución do mural. Traballarase de forma colaborativa para crear unha obra de gran formato, promovendo habilidades sociais como a comunicación, a negociación e o respecto polas ideas alleas, ao tempo que cada persoa aporta o seu estilo e visión.
Datos clave:
Data: sábado, 20 de decembro
Horario: de 11:00 a 13:00 h
Idade recomendada: a partir de 10 anos
Lugar: Polideportivo Pilar Barreiro