10 de abril de 2025.- Desde hoxe e ata o vindeiro 29 de abril, a Casa da Cultura de Lousame acolle a exposición do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, impulsado pola Deputación da Coruña. A mostra foi inaugurada esta mañá pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen estivo acompañada por varios integrantes do equipo de Goberno como os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Seguridade Viaria, José Antonio Ces.
Esta exposición está composta polas coleccións gañadoras do XVIII Premio Luís Ksado, así como por unhas selección das distintas obras que se presentaron ao certame. As persoas que desexen visitala poderán facelo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o 29 de abril. Polas tardes e durante as fins de semana, a veciñanza poderá desfrutar dela durante a celebración das actividades programadas polo Departamento de Cultura.
XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica
O pontevedrés Vicente Fraga foi o gañador desta última convocatoria, pola súa colección titulada “Ailén”. Foi seleccionada entre as 55 obras que se presentaron a concurso. A Mención de Honra foi para a serie “Nordés”, do ourensán Miguel Muñiz.
O xurado tamén seleccionou outras catro coleccións (“Fin da faena”, “A quen”, “O terremoto de Turquía”, “Usar e tirar, perversa moda rápida”) que forman parte do catálogo e da exposición itinerante que o certame leva a cabo cada edición en concellos de toda la provincia.