Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais e as súas bibliotecas ou axencias de lectura municipais.
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
O obxectivo principal é o de fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación.
A inscrición de actividades será na plataforma www.bandoticket.com, é imprescindible respectar os límites de idade establecidos polas empresas e compañías en cada actividade. As reservas que incumplan este requisito serán anuladas.