O concerto de O Son do Pote e do alumnado da UNED Sénior A Coruña enche o auditorio da Casa da Cultura de Lousame - Concello de Lousame

30 de decembro de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Lousame quedou pequeno para acoller o concerto que a agrupación O Son do Pote e o alumnado lousamiá da UNED Sénior A Coruña ofreceron o pasado venres 27 de decembro. Unha actuación na que quedou de manifesto o incremento no número de integrantes destas dúas formacións nos últimos anos, ata o punto de non colleren sobre o escenario lousamiá.

Os corenta integrantes destas dúas formacións, que comezaron sendo unha ducia, ocuparon tamén a primeira fila do auditorio, ofrecendo un concerto no que interpretaron as súas tradicionais pezas folclóricas, acompañadas dalgunha que outra panxoliña propia destas datas. Ao acto asistiron a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Protección Civil, Jose Antonio Ces.

ConcertoNadalPoteUned2