Mámoas - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Restos Arqueolóxicos
Patrimonio
Restos Arqueolóxicos

Restos Arqueolóxicos

Son monumentos megalíticos funerarios que datan do terceiro ou cuarto milenio antes de Cristo. Atópanse case sempre cubertos por terra e pedras que lle dan o aspecto de montículos e adoitan estar abatidas as cámaras funerarias do interior. Case todas resultaron expoliadas na busca de supostos tesouros que agachaban.

As Mámoas de Casamea están situadas no chan do mesmo nome, na parroquia de Camboño. Súbese pola estrada que dende Moimenta nos leva ó Iroite, e atópanse á dereita ó pasa-lo camiño que conduce a Camboño. A máis grande ten forma case circular, cun diámetro de 17 m. e unha elevación de metro e medio máis ou menos. A segunta está moi preto da primeira, e ten máis reducidas dimensións.