Ó igual que noutras partes de Galicia, os gravados rupestres que atopamos no Agro da Costa en Lesende, foron tallados ó longo do segundo milenio antes de Cristo. En concreto, os que temos na parroquia de Lesende, consisten en debuxos lineais sobre unha laxe granítica, con motivos xeométricos, nos que se distinguen cazoliñas, figuras circulares, tanto concéntricas como puntuais e formas rectangulares ou cadradas, ás veces case circulares con tendencia poligonal. Tamén se atopa algún debuxo con forma de cruz.
Según os autores que estudiaron estas manifestacións artísticas da Prehistoria, estes motivos poden ter diferentes interpretacións, as máis habituais soen se-las de tipo relixioso, astronómico, ou as vinculadas con actividades tan cotiás como a caza.
Pódese chegar a esta lousa gravada, dende a aldea de Lesende, pola estrada que leva a Cabanetán, no lugar do Agro da Costa. Este xacemento arqueolóxico aparece perfectamente sinalizado se seguimo-la Rota do Río Vilacoba.
Imaxes dos Petroglifos de Lesende: