Igrexa parroquial de Santa Martiño de Lesende - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa

Arquitectura Relixiosa

Fundada no S. XVII é de estilo barroco, con planta de cruz latina e formada por muros de cantería. Forman unha única nave cuberta con bóveda rebaixada de canón dividida en tres tramos; no primeiro atopamos o coro, o seguínte corresponde ó brazo transversal, que forma dúas pequenas capelas, e o terceiro ó presbiterio ó que se accede a través dun arco de medio punto.

No exterior a cuberta a dúas augas con tella do país. Nas capelas laterais resalta a cuberta a catro augas e a sancristía, engadida nun lateral da capela maior.

A fachada principal é sinxela, carente de decoración e composta ó xeito tradicional das pequenas igrexas. Está rematada cunha espadana de dúas arcadas. Como único elemento ornamental posúe os pináculos dos aleiros.