Hórreos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Arquitectura Popular
Patrimonio
Arquitectura Popular

Arquitectura Popular

Son construccións relacionadas coa actividade agraria creadas coa función de almacena-lo gran e as espigas para mantelos illados da humidade da choiva, dos ratos e dos paxaros. Case sempre se atopan dentro da propiedade e non moi lonxe da vivenda, nun sitio alto e aireado.

En Lousame son comúns os hórreos sobre pés de granito labrados que abarcan o ancho do hórreo. O número destes pés circulares ou con forma de prisma con tornarratos enriba, depende da cantidade de pousos e da lonxitude do hórreo. Os máis frecuentes teñen tres pousos. As paredes da cámara que hai encima dos pés para almacena-lo gran, adoitan ser de madeira ou pedra. A a cuberta é de tella do país a dúas augas e cun pinche rematado nuns pináculos tamén de granito de diferentes formas. Habitualmente son de forma troncocónica ou pirámides rematadas cunha pequena bola ou cunha cruz que pode ter formas variadas. Nun pinche pode haber unha cruz e no outro unha pirámide, e incluso nun pinche podemos topar ata tres pináculos, un no medio máis traballado, e outros dous mais pequenos nas beiras. Os tellados sobresaen dando protección contra a choiva ós costais que tamén poden estar protexidos por unha lousa enteira de granito, colocada ó longo dos costais e denominada sobrepena.

Nas fotos preséntanse diferentes tipos de hórreos que podemos ver en Lousame.