Son edificios de planta rectangular ou cadrada destinados a albergar unha máquina de moer gran, tanto millo, como centeo ou trigo para o consumo animal ou humano. Debido ó abaratamento e maior facilidade e rapidez que ofrecen os modernos muiños eléctricos, caeron en desuso estas construccións nas que o gran se moía gracias á forza da auga, de aí que todos se ubicaban preto dalgún regato ou río cunha canle que lle levaba a auga.
Normalmente teñen varios propietarios ou seareiros, que compartían o uso por turnos. Quedan abundantes exemplos ó longo dos nosos ríos, en diversos estados de conservación, aínda que o máis frecuente é que estén en proceso de deterioro, debido ó abandono no que caeron nos últimos anos.
Están construidos en mampostería con adarxas de sillería e porta de entrada de madeira dunha soa folla. A cuberta é de tella do país a dúas augas e a maquinaría era case sempre de madeira con rodicio que podía ser de ferro. Este movía a capa sobre a moa que eran de pedra e machacaban o gran. A auga entra ó muiño, dende o río, por unha canle e volta ó río por un oco aberto na parte baixa do edificio.