É o exemplo máis significativo, fundada no 1863 como fábrica de papel polo ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán.
Esta estructura, que se uníu ao outrora importante industria do papel nos ríos Vilacoba e San Xusto, atópase na ribeira esquerda do ría Vilacoba á altura do lugar de O Castro, na parroquia de Lousame.
É un edificio de planta rectangular con cuberta a dúas augas e con gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico, o que respondía a criterios funcionais: cumprían coa ventilación do interior para o secado do papel. Repítense dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegáballe a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recolle a auga río arriba e traspórtaa ata a fábrica.