Trátase dun edificio de dimensións máis reducidas que a de Fontán ou a de Soutorredondo (similar á de Fontán), pero non por eso menos interesante. Consta de dúas plantas. Na baixa, os vans son amplos e con forma de arco de medio punto, cubertos por uns soportais que probablemente sostiñan unha balconada na primeira planta, na cal as fiestras son rectangurales. Ó igual que a de Fontán, a auga chégalle a través dunha longa canle de pedra que recolle a auga río arriba.
Está situada na beira do río Vilacoba, á altura da aldea de Cerquides, nun marabilloso entorno con bosque de ribeira de freixos, ameneiros, abeleiras, carballos e castiñeiros que fan que aínda hoxe en día manteña un encanto especial.