O luns 6 de febreiro no edificio Casino de Noia terá lugar a sesión informativa sobre o curso de formación en MÁRKETING DIXITAL E COOPERATIVISMO, unha acción formativa organizada pola Fundación PAIDEIA Galiza e DELOA en colaboración cos concellos de Lousame e Noia.
Si tes entre 16 e 29 anos e estás en situación de desemprego, aproveita esta oportunidade de formación; o contido do curso abrangue as seguintes materias: COOPERATIVISMO, FERRAMENTAS DE NEGOCIO, MÁRKETING DIXITAL (WEB, CREACIÓN DE CONTIDOS, ANUNCIOS, REDES SOCIAIS).
Outra información de interés:
- 216 horas de formación grupal
- posibilidade de ter unha semana de formación coñecendo empresas do sector noutra cidade española
- non é preciso formación previa na materia
- 3 únicas edicións en Galicia
- formación de varios proxectos cooperativistas no sector do márketing dixital
- Inscricións ata o 20 de febreiro
- Formación do 28 de febreiro ao 9 de xuño
Anímate e participa !