Avelino González presentará Contos de Contrabando - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

DOMINGO 23 DE OUTUBRO
ÁS 19:00 H.
CASA DA CULTURA
INSCRICIÓNS: CONTOS DE CONTRABANDO en Bandoticket

Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese a par da súa vida profesional. Dedícanse os dous a unha actividade comercial sen licenza fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licenzas administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.

E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo sexa preciso, tentan consumar a súa relación… se o conseguen ou non se sabe ao final.