Exposición pública do parque eólico Huracán, que afecta ó norte do concello de Lousame (Sabugueiro, Bargo e Fontefría) - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O Concello de Lousame informa á veciñanza que hai prazo ata o 6 de outubro para presentar alegacións ó estudio de impacto ambiental de parque eólico denominado Huracán.

As persoas interesadas poden ver a información nas oficinas do concello e na documentación que se xunta na páxina web.

Nos seguintes enlaces pódese descargar toda a información posta a disposición pola área de Industria e enerxñia da delegación do Goberno en Galicia do estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Huracán, de 56  MW que promove a empresa Greenalia Wind Power Huracán SL.

O parque eólico inclúe a instalación dun aeroxenerador no concello de Lousame a uns 600 metros ó oeste da aldea de Sabugueiro na falda do Monte do Castelo.

As pistas de acceso discorren principalmente sobre pistas ou camiños existentes e bordean o límite do concello dende Sabugueiro, pasando polo norte da aldea de Bargo e saindo pola esquina noreste do concello xa no concello de Brión.

No caso de querer tramitar algunha reclamación, as persoas interesadas deben facelo ante a Delegación do Goberno en Galicia telemáticamente, por correo certificado ou remitindo os escritos dende o rexistro dun concello.

A separata remitida ó concello de Lousame é a seguinte:

Ver separata

 

SITUACIÓN P E HURACÁN.pdf