Ruta guiada polas Penicias (Rois) para amantes do sendeirismo, o 26 de setembro - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

Promover a natureza e o patrimonio de Rois é un dos obxectivos que se marcou o concello coa contratación do primeiro técnico de Turismo co que conta o municipio. Unha ruta guiada polo sendeiro das Penicias, o próximo domingo 26, será unha das primeiras accións que se van poñer en marcha nesta liña.

Esta ruta guiada permitirá as persoas asistentes gozar das excelentes paisaxes de Rois, dos seus bosques de ribeira, e coñecer un pouco máis da historia do municipio. Neste caso a milagreira fonte de San Mamede, o conxunto de hórreos da Casa do Porto, as pasarelas que cruzan o río Rois ou o descanso a carón do río Tinto.

A asistencia a esta ruta guiada é de balde, pero requírese inscrición previa, pois por normativa covid-19 só se ofrecen 25 prazas. As inscricións poden facerse ata o mércores, 22 de setembro, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata esgotar as prazas ofertadas.

Organizada polo Concello de Rois, en colaboración cos de Dodro e Lousame, a ruta guiada polo sendeiro das Penicias ten unha lonxitude de 8,5 km e dificultade media baixa. A saída efectuarase ás 10.00 horas, o domingo 26, da igrexa de San Mamede. As persoas participantes pasarán por Infesta, A casa do Porto, Buxán e rematarán na igrexa de San Mamede.

Máis información sobre a ruta guiada no edificio multiúsos de Rois (981 816 061) de 8.30 a 15.00 horas.