A directora de Administración Local visita en Lousame o estado das obras en Vilacoba, Lesende e de Filgueira - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá Lousame para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo no concello, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. Esta foi a primeira visita da directora ao Concello de Lousame e como dixo a alcaldesa, Teresa Villaverde, “espero que sexan moitas máis”. Ao mesmo tempo que anunciaba a próxima sinatura con esta dirección xeral dun convenio para setembro de 20.000 €, destinado a unha actuación de saneamento urxente.

 

Pola súa banda, a directora xeral de Administración Local, explicou que “o motivo da visita é coñecer as actuacións que se levan a cabo nas liñas de subvención”. Segundo Natalia Prieto: “o obxectivo da Xunta de Galicia e estar preto dos concellos falar cos rexidores e que nos transmitan as súas necesidades e demandas”. Esta dirección xeral investiu 115.000 € o pasado ano no Concello de Lousame. “Queremos seguir colaborando con él, son pequenos proxectos que melloran o día a día dos veciños e veciñas”, matizou a directora xeral, quen nesta ocasión destacou a importancia das obras en saneamento e abastecemento, así como as obras de mellora da calidade dos servizos.

 

Durante esta visita a que tamén se sumou o teniente de alcalde, Ramón Martínez, Natalia Prieto desprazouse ata dúas das catro actuacións previstas dentro da Orde de Infraestruturas de uso público. Estas foron o Polideportivo de Vilacoba e o Local Social de Lesenda. A elas súmanse tamén o bombeo de Saneamento para aldea de Filgueira, a pavimentación e a conexión a pluviais dun tramo.

 

No Polideportivo de Vilacoba está previsto a mellora da plataforma da pista. A sustitución dos postes e o peche da pista de tenis. Tamén, a susbtitución de elementos coma a rede da pista de tenis ou as porterías.

 

O local social de Lesende no que se trocou a cuberta, cambiouse a carpintería metálica da planta alta do inmoble. Estas actuación permitirán a posta en funcionamento da planta alta para o desenvolvemento de actividades para os veciños e veciñas da zona, como talleres de memoria, entre outros.

 

 

cubierta

cubierta2Lousame27082021 1

Lousame27082021 4 

Lousame27082021 6