28 de xuño de 2024.- A piscina municipal de Lousame abrirá as súas portas o luns 1 de xullo en horario de 15:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. As entradas e os bonos de acceso poden adquirirse na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 14:00 horas.
Como en anos anteriores, os veciños e veciñas de Lousame poden optar por abonos de tempada ou por entradas puntuais. En ambos os dous casos, os menores de 6 anos teñen a entrada de balde. No caso dos abonos de tempada, os prezos son de 15 euros (rapazada entre 7 e 15 anos e maiores de 65) e 30 euros para o resto. No caso das entradas puntuais, o prezo será de 1 euro (de 7 a 15 anos e maiores de 65) e 2 euros para os demais.
Así mesmo, o Concello de Lousame establece unha tarifa reducida para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e que contemplan un abono de tempada por 2 euros (rapazada entre 7 e 15 anos e maiores de 65) e de 4 euros para o resto. Unha tarifa que se aplicará previo informe dos Servizos Sociais municipais.