Inscrición aberta para a XIV Xornada de pais e nais educando en Igualdade que se celebrará o 4 de novembro en Santiago - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Educación
Novas
Novas Educación

Novas Educación

O próximo 4 de novembro de 2017 terá lugar en Santiago de Compostela a XIV Xornada de pais e nais educando en Igualdade, baixo o título "Rompendo cos estereotipos de xénero"

A xornada que se celebrará no EGAP, terá os seguintes relatorios:

10:30h - SALÓN DE ACTOS: Ana Torres Jack - Máis aló do azul e do rosa: como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista dende a familia

10:30h - AULA 6: Beatríz Calavia - Educar en ciberseguridade e control parental

12:00H - SALÓN DE ACTOS: Beatríz Calavia - Obradoiro sobre o uso seguro e postivo de internet e redes sociais 

12:00H - AULA 6: Alba Alonso - Quebrando mundos azuis e rosas

13:00h - SALÓN DE ACTOS: Yolanda Domínguez. A violencia cara ás mulleres. Dos medios cara ao espazo público


De 9.30 a 14.00 na Aula 2 haberá un servizo de Ludoteca con actividades infantís para os máis cativos e cativas.

As solicitudes debidamente cubertas deberán remitirse por correo electrónico antes do 3 de novembro á secretaría das xornadas:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Telfs.     981545353 / 981545312 

 
 
Tendes máis información no seguinte enlace: