Abertas as inscricións no VII Torneo Fútbol Base F8 Lousame, que terá lugar o mércores 1 de maio no campo de fútbol de Cabanetán - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

9 de abril de 2019.- O Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame e a Federación Galega de Fútbol, organiza a sétima edición do Torneo Fútbol Base F-8 Lousame 2019, nas categorías benxamín e alevín, que terá lugar o mércores 1 de maio no campo de fútbol de Cabanetán (Lesende). As inscricións son totalmente de balde e estarán abertas ata o vindeiro 23 de abril no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 620 850 345 e 657 014 755.

O presidente do Club Lousame Deporte, Néstor Romero, agarda repetir o éxito de anteriores edicións, nas que participaron máis de cincocentos rapaces, de idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos. Un torneo consolidado e no que se darán cita unha vintena de clubs das comarcas do Barbanza, Costa da Morte, Santiago, A Barcala e Deza. Romero destaca que este torneo “é unha actividade non só para os nenos senón tamén para as familias. Non é só unha xornada de deporte e competición, senón tamén unha xornada para compartir en familia. O que fai diferente o torneo de Lousame é que organizamos un día en familia e por iso en Cabanetán, ademais de fútbol, haberá animación, inchables, sorteo de material deportivo, servizo de cafetería con bocadillos e aperitivos e habilitarase unha zona con mesas e cadeiras para xantar”.

O torneo está patrocinado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración especial do Concello de Lousame, do CF Lesende e da Federación Galega de Fútbol, así como dos patrocinadores do club: Canal-Tec, Excavaciones M. Rodríguez SL., Muebles Muñiz, Fisioterapia Cinesia, Deportes Casais, SGS Gestión de Seguros SL, Lolita Moda, Amian-tec, Sóñora Fernández SLU, Silmaplast, Autos Comparado, Autos Patiño e Paco´s Moda.

Os alevíns das Escolas de Fútbol de Silleda e os benxamíns do Atlético Fátima foron os campións da sexta edición do torneo, tomando o relevo do Atlético Riveira e da SD Villestro, que o ano pasado tiveron que conformarse cun cuarto e un terceiro postos, respectivamente.