Lousame organiza este domingo a xornada “Deporte na rúa” na praza do Concello - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

Haberá obradoiros de parkour e skate, así como xogos de baloncesto e fútbol sala abertos a toda a veciñanza

4 de abril de 2019.- O Concello de Lousame conmemorará este domingo 7 de abril, de 11:00 a 13:00 horas, o Día Mundial da actividade física con “Deporte á rúa”, unha iniciativa que inclúe un amplo programa de actividades deportivas e de ocio organizadas pola Concellería de Deportes lousamiá en colaboración co Club Lousame Deporte. A participación, totalmente libre e de balde, está aberta a toda a veciñanza, independentemente da súa idade e condición física, se ben algunhas das modalidades están especialmente pensadas para a mocidade.

Un programa de actividades que se desenvolverá de 11:00 a 13:00 horas na praza Teodomiro Hidalgo, polo que durante esta fin de semana non se poderá aparcar nela (o sábado por mor do Ralli de Noia e o domingo por mor destas actividades). Na praza instalaranse un parque móbil para a práctica de skate e parkour, así como dúas canchas de baloncesto e de fútbol sala, que estarán abertas para o seu uso pola veciñanza.

Así mesmo, Vella Escola impartirá dous obradoiros de iniciación ao parkour e ao skate abertos e gratuítos para os que se acheguen por Lousame. Pola súa banda, os responsables da Escola Municipal de Baloncesto de Lousame e o CB Porto do Son encargaranse dunha sesión de “street basket”; mentres que os técnicos de Deportes do Concello de Lousame encargaranse de organizar os partidos de fútbol sala.

En caso de mal tempo, a actividade trasladaríase ao polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, na Silva.