O cadete lousamiá Edgar Batista consegue a medalla de ouro no XVIII Open Internacional de Taewondo “Ciudad de la Cerámica” - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

23 de abril de 2018.- O Concello de Lousame felicita a Edgar Batista, veciño de Camboño, que vén de conseguir a medalla de ouro no XVIII Open Internacional de Taekwondo “Ciudad de la Cerámica”, desputado este sábado en L´Alcora (Castellón). Edgar Batista, deportista cadete de -65 kg no Natural Sport, confirma con este resultado o gran ascenso que está a ter a súa carreira nesta temporada.

De feito, o deportista lousamiá acadou o ouro tras vencer na final ao actual campión galego cadete e compañeiro na selección galega de taekwondo, Darío Fernández, por un contundente 12-2. Previamente derrotara nas semifinais por un 12-4 a Robert Kallo.

A selección galega proclamouse campioa por equipos no XVIII Open Internacional de Taekwondo Ciudad de la Cerámica, tanto na categoría cadete como absoluta, nun torneo que congregou a preto dun milleiro de taekwondistas chegados de distintos puntos de España e Francia.