O Concello de Lousame abre as anotacións na Andaina Solidaria / Belén de Cumes, que terá lugar o sábado 17 de decembro - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións na Andaina Solidaria / Belén de Cumes, que terá lugar o sábado 17 de decembro. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web Emesports.es

A saída terá lugar ás 10:00 horas da praza do Concello de Lousame e está previsto a súa chegada ao mosteiro de Toxosoutos ás 13:00 horas, onde as persoas camiñantes serán recibidas con panxoliñas e chocolate con churros. Unha andaina de 10 km que este ano mestura dous eventos tradicionais en Lousame: a andaina solidaria de fin de ano coa tradición de montar o Belén de Cumes, un típico Nacemento con figuras de gran tamaño que cada ano se adoita montar nunha igrexa e que queda aló para a súa contemplación pola veciñanza desa parroquia durante o Nadal.

Nesta ocasión, a Andaina Solidaria non terá como entidade beneficiaria á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), que participará como entidade colaboradora. O prezo da inscrición na andaina será de 6 euros en Emesports.es (menores de 12 anos inscrición gratuíta) e todo o recadado será doado a favor da Obra Social de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Así mesmo, o Concello de Lousame habilitará unha Fila 0 para aquelas persoas que non poidan asistiren ou que desexen colaborar sen teren que percorrer eses 10 km. Nesa Fila 0, dispoñible na web www.emesports.es, poderán doar entre 1 euro e un máximo de 100 euros.

A Andaina Solidaria e Belén de Cumes está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración con Autos Comparado, ASGPOH e a Obra Social de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Máis información e inscricións: https://eventos.emesports.es/inscripcion/andaina-solidaria-e-belen-de-cumes/inscripcion_datos/