O Concello de Lousame abre as inscricións no Trail de Lousame 2022, que terá lugar domingo 11 de decembro - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións no Trail de Lousame 2022, que terá lugar o domingo 11 de decembro. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web Emesports.es.  O Concello de Lousame oferta un total de 600 prazas.

O Trail de Lousame 2022 terá o polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra como punto de inicio e final. Haberá dúas modalidades: Trail Longo (18 €) e Trail Curto (15 €). O Trail Longo terá unha lonxitude de 25,8 km, cun nivel de dificultade medio alto e cun desnivel acumulado aproximado de 1.115 metros de desnivel positivo e de 1.119 metros de desnivel negativo. A saída será ás 10:00 horas e contarán con tres avituallamentos. Pola súa banda, o Trail Curto contará cunha distancia de 16,8 km, cun nivel de dificultade medio-baixo e cun desnivel acumulado aproximado de 642 metros de desnivel positivo e de 643 metros de desnivel negativo. A saída terá lugar ás 11:00 horas e contará con dous avituallamentos.

O Concello de Lousame entregará premios aos tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina do Trail Curto e do Trail Longo, así como premios especiais aos atletas máis veterano/a e ao club con maior número de participantes. Tamén haberá premios para os primeiros clasificados de Lousame, tanto no Trail Longo coma no Curto e nas modalidades masculina e feminina.

A entrega de premios terá lugar no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra a iso das 14:00 horas. O Concello terá habilitadas varias zonas de aparcamento, próximas ao lugar da proba e debidamente sinalizadas, e ofrecerá servizo gratuíto de duchas e de gardarroupa.

O Trail de Lousame está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración con Autos Comparado, AlquiNoia, Fermín Simal SL, NutriSport, Gadis, Hoka One One e Mobe. Así mesmo, conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña, a Xefatura Provincial de Tráfico, Protección Civil de Lousame, Cruz Vermella de Noia e da rede de voluntariado local de Lousame.

 

Máis información e inscricións en: https://eventos.emesports.es/inscripcion/trail-de-lousame-2022/inscripcion_datos/?lang=es