Probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) para este ano 2020. As probas realizaranse nos meses de maio e/ou xuño de 2020 en Santiago de Compostela e Ponferrada, e as datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Máis información No DOG do 12/03/2020: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200312/AnuncioG0535-090320-0001_gl.pdf