Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), (O Concello de Lousame e a Axencia Municipal de Lectura de Lousame é socio colaborador dende o ano 2004) convoca o concurso «Un poema na túa voz».
Os nosos obxectivos son:
- Incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil.
- Estimular a expresión oral en lingua galega
- Contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.
Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.
Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.
Se te animas a participar, o acceso á toda a documentación do concurso está na seguinte ligazón: