Os Romeiros do Caracol - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

Monicreques e música |Infantil e familiar (+5) | 50 min

 

SINOPSE

San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas.

Na súa monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia Fraguas dedica o capítulo máis extenso a describir, con pormenor, a peregrinación a Santo Andrés de Teixido: os ritos, as cancións, as lendas e o santuario. E con todo ese material etnográfico nos construímos un espectáculo para público familiar na que utilizamos de escenografía un enorme caracol-vivenda no que se contan e cantan os cancións e as lendas de San Andrés. Títeres, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés:

– A foliada de San Andrés
– Os poderes salvíficos dos Sanandresiños de miga de pan – A orixe da barca de pedra
– As caldrupeiras de San Andrés
– As rosquillas das tres comadres
– A herba de namorar.

 

FICHA ARTÍSTICA

Elenco Ignacio Vilariño, Carlos Quintá

Guión e dirección Ignacio Vilariño

Deseño de espazo sonoro Carlos Quintá

Escenografía Iván Suárez Núñez

Vestiario Clara Redondo