Lousame celebrará este venres, ás 20:30 horas, o pleno ordinario de novembro - Concello de Lousame

Lousame celebrará este venres, ás 20:30 horas, o pleno ordinario de novembro

15 de novembro de 2017.- O Concello de Lousame celebrará este venres 17 de novembro, ás 20:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria de novembro, que terá lugar de acordo coa seguinte Orde do Día: 1. Toma de posesión do concelleiro Xosé Tubío Rodríguez. 2. Aprobación se procede dos borradores das actas da sesión extraordinaria e urxente de 10-10-2017 e da sesión extraordinaria do 3-11-2017. 3. Aprobación se procede da terminación convencional do procedemento para a adquisición dos terreos (vía enlace entre DP 4201 e DP1105) e REC 12.2017 4. Aprobación se procede do proxecto construtivo “Saneamento en Filgueira, Seixido e Servia” e expediente expropiatorio. 5. Aprobación se procede da moción do grupo municipal do PP sobre “Vaga de lumes en Galicia” 6. Aprobación se procede da moción do grupo municipal do PP sobre “Día Internacional para a eliminación da violencia sobre a muller” 7. Aprobación se procede da moción do grupo municipal do PSOE sobre “Abandono do medio rural galego”. 8. Dación de conta das resolucións da Alcaldía número 497/2017 a 642/2017 9. Mocións por razón de urxencia. 10. Rogos e preguntas.