Ópera Break´s - Concello de Lousame

 “Ópera Break´s” mestura Ópera, Breakdance e Dj nun único espectáculo de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock.

DUALIDADE… A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolven sin vínculo a nada.

Contamos unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompemos as barreiras do clásico e do urbano, fusionándonos nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode ocorrer… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Este espectáculo ten 1 hora de duración.

É importante recordar que para favorecer a participación, e cumprindo sempre a normativa COVID, organizamos dous pases, o primeiro ás 17.30 horas e o segundo ás 19.00 horas (previa desinfección e ventilación da sala). Os veciños e veciñas, poden reservar a súa entrada chamando ao teléfono 981 82 57 80.