Concurso «Un poema na túa voz» - Concello de Lousame

Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), (O Concello de Lousame e a Axencia Municipal de Lectura de Lousame é socio colaborador dende o ano 2004) convoca o concurso «Un poema na túa voz».

Os nosos obxectivos son:

  • Incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil.
  • Estimular a expresión oral en lingua galega
  • Contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.

Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.

Se te animas a participar, o acceso á toda a documentación do concurso está na seguinte ligazón:

http://www.galix.org/2020/01/un-poema-na-tua-voz.html